martes, 14 de abril de 2020
sociais 3º
Seguimos a traballar coa unidade 5: As paisaxes, lembrade que
para que quede máis claro é preferible facer esquemas cos datos
máis importantes.
Lembrade:
Relevo-- conxunto de formas que ten o terreo
-- segundo onde se encontra pode ser:
.Relevo de costa : bañados polo mar ou polo océano
.Relevo de interior:- non está en contacto co mar
-pode ser:- relevo montañoso
-relevo chan
Características do relevo montañoso
. Montaña--definición ( gran elevación do terreo)
--partes:--cima ou cumio ( punto máis alto; algunhas
teñen neve todo o ano)
--pé (punto máis baixo da montaña)
--ladeira ( terreo inclinado que vai desde a pé
á cima)
--un conxunto de montañas chámase Serra e un
conxunto de serras agrupadas chámase Cordilleira
1. Debuxa unha montaña e sinala as súas partes
2. Escribe o nome dalgunha montaña galega que coñezas
3. Busca no mapa algunha Serra ou Cordilleira na Peninsula
Ibérica, escribe alguns exemplos ( para traballar cos mapas
podes ou ben consultar no teu cuadernillo de atlas ou no
mapa que aparece na páxina 72)
Respecto a ese mapa da páxina 72, fíxate que os relevos
montañosos están representados de cor marrón oscuro, o
relevo chan de cor laranxa, os entrantes do mar na terra de cor
azul e as saintes da terra no mar de cor negro)
Características do relevo chan
.Chaira--definición: extensión grande do terreo, plana e horizontal
--tipos (según a súa altura):
.- Depresións: terreos planos afundidos e
rodeados de terreos máis elevados
.- Meseta: terreos chans pero situados a bastante
altura
Pax. 65: facemos as actividades 1, 2 e 3 ( na 3copiamos as letras
e poñemos que forma de relevo de costa representa)
Pax. 73: De repaso facemos o exercício 3 ( clasificamos
as palabras onde correspondan)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario