martes, 14 de abril de 2020
sociais 2º
Seguimos a traballar coa unidade 4: O mundo que nos arrodea
Da páxina 55 facemos para lembrar o exercício 1 e o exercício 2
Da páxina 56: . Primeiro leemos con atención e fixándonos ben
como son as paisaxes de costa (imaxe)
. A continuación copiamos na libreta:
Costa: parte de terra que está preto do mar
A costa pode ser: .- Costa Baixa que é cha
(llana) e nela hai praias
de area ou pedras
.- Costa Alta que está
elevada sobre o mar
e nela hai acantilados de
rocha
Formas da paisaxe de costa:
.Illa: trozo de terra rodeado de auga por todas
partes ( moitas illas que están xuntas
forman un arquipélago)
Exercicio: .Debuxa unha illa
.Qué illas son moi famosas e
pertencen á Península Ibérica?
( pista: á xente góstalles ir porque alí
fai sol e os seus plátanos son moi
coñecidos)
.Península: trozo de terra rodeada de auga por
todas partes agás unha
Exercício: .Intenta debuxar unha
península ( pista. España é unha
península. Fíxate nun mapa,
saberías que parte da Península
Ibérica non está rodeada por auga?)
.Cabo: trozo de terra que entra no mar
Exercício: . Debuxa un cabo e enriba del un
faro
.Golfo: é cando o mar entra na terra, se é
pequena chámase Baía
Exercício: . Debuxa unha baia
Para poder facer os debuxos podedes fixarvos nas fotos que aparecen na páxina 56 e 57; podedes primeiro copiar todas as
definicións e despois facer todos nos debuxos poñendo o que é
cada un
Se vos da tempo podemos facer o exercício 1 e 2 da páxina 57
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario