jueves, 2 de abril de 2020
sociais, 3º
Imos seguir traballando co tema das paisaxes; lembrade que
aqueles datos que resulten máis interesantes dos textos que estades a leer, é bo estructuralos en forma de esquema para que vos queden máis claros.
Reto: Imos lembrar algunhas cousas ( podedes usar os mapas)
Paisaxes de costa: Elementos dun paisaxe costero
.A costa é o terreo que está en contacto coa auga do mar e do
océano
.A diferenza entre un mar e un océano é o tamaño
Exercicio. Nomea un océano que coñezas
Nomea un mar que coñezas
.O océano é unha extensión de auga enorme que xeralmente
baña a diferentes continentes
Exercício. qué océanos lembras? escríbeos
qué continentes lembras? escríbeos
( podedes consultar os mapas que tedes )
.Unha praia é unha costa formada por area e que está en
contacto coa auga do mar ou do océano
Exercicio. Debuxa unha praia tendo en conta a definición
anterior
.Nas paisaxes costeras popdemos atopar:
- Acantilados: aquelas zoas da costa na que o terreo non
está á altura do mar
Exercicio. Debuxa un acantilado tendo en conta a
definición anterior
- Cabos: porción ou trozo de terreo que se adentra no
mar e que está bañado por todos os seus
extremos agás un
Exercício. Debuxa como imaxinas un cabo
- Illa: terreo rodeado totalmente pola auga dun océano
ou do mar
Exercício. Debuxa unha illa
- Península ( como a Península Ibérica): terreo rodeado
pola auga do océano ou do mar en todos os extremos
agás un
España atópase dentro da Península Ibérica xunto
a Portugal; gran parte das súas fronteiras están
bañadas pola auga do mar ou dos océanos
Exercício. Pensa: Se España é unha península que parte
dela non está rodeada por auga?
Ao norte: bañada polo Mar Cantábrico
Ao sur e leste: o Mar Mediterráneo
Ao oeste: bañando as costas galegas ne as costas
andaluzas, está o Océano Atlántico
Ás Illas Baleares rodéanas a Mar Mediterráneo
Ás Illas Canarias rodéanas o Océano Atlántico
Exercício: Fai un debuxo ou copia do mapa,
a Península Ibérica e sitúa nel os mares e
océanos que a rodean
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario