miércoles, 22 de abril de 2020
lingua para 2º e 3º
Hoxe ides facer o libro dossier onde imos gardar as actividades
que fagamos para o Dia do Libro
1. Colledes unha folla ( valería que arrancases unha da libreta ou
se tedes, mellor un folio)
2. Dobráo pola mitade e ponlo en vertical coma se fose un libro
3. Escribe, nesa portada, DIA DO LIBRO ( en letras grandes e
debaixo 23 de Abril)
4. Decora esas letras como queiras e que quede moi bonito
5. Abaixo de todo desa portada pon o teu nome e o curso
6. Dobras outra folla e a metes dentro da anterior para facer coma
se fose un libro
7. Nesa 2ª folla que dobraches escribes arriba de todo e con
letras grandes: CUESTIONARIO.
A continuación, e pegado ao marxe, ides copiar as seguintes
preguntas, deixando espazo entre elas para poñer a resposta
Tedes que numerar ( e dicir, poñer números en orde) cada
unha das preguntas. Son as seguintes:
1) Qué é un libro?
2) Góstache ler? Por qué?
3) Qué tipos de libros son os que máis che gostan?por qué?
( de aventuras, de medo, de investigación, de poemas,
de cociña, chistes, cómics, obras de teatro, contos...)
4) Qué é a portada dun libro?
5) Qué é a contraportada?
6) Qué é a reseña ou resumo dun libro? Onde aparece
normalmente?
7) Que signfican as siglas Ed. nun libro?
8) Nomea diferentes editorias que coñezas
9) Sabes o que son as solapas dun libro? Qué información
aportan? De quen se fala na solapa dun libro?
10) Tes algún libro no que na solapa apareza información sobre
o seu autor ou autora? Nomea ese libro e di de quen se fala
e as cousas máis importantes que se dín del ou dela
8. Dobramos outra folla e a metemos nese libro dossier que
estades a facer; nela escribimos en letras grandes
POEMA DO LIBRO. Aquí ides copiar este poema
dedicado ao libro e despoís tedes que inventar e escribir un
vosotros
Poema
Un libro é un sol
todo o ilumina
da luz á mente
da luz á vida
A todos os nenos
danos a súa ledicia
nel hai cancións, aventuras
colores e risas
nel hai destellos de sabiduría
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario