miércoles, 22 de abril de 2020
para 2º e 3º, Dia do libro
Como continuación das actividades que imos facer para celebralo
Dia do libro, ademais do cartel que facedes, o marcapáxinas; propóñovos o seguinte:
. Os libros están cheos de personaxes moi distintos: magos, bruxas, duendes, piratas, investigadores...convertiros nun deles,
disfrazaros dunha personaxe, a que máis os goste, o Dia do
Libro tamén podedes ser vos os protagonistas das historias, ou
incluso que tal se tamén lle facedes unha homenaxe a Miguel
de Cervantes e de súpeto vos convertides nun Quixote, ou
nun Sancho Panza ou nunha Dulcinea ou nun Rocinante ( o
cabalo de Don Quixote); a ver que se vos ocurre
( incluso podedes sair disfrazados nesa foto que ides facer)
. Pic-nic literario: Ides buscar un momento ao longo do día para
sentaros todos os que estades na casa e disfrutar dunha boa
sesión literaria. A idea consiste en que vos poñades unha
merenda riquita e preparedes ben as orellas e a voz. Cada unha
das persoas que estén deberían participar; imaxinade por
exemplo alguén lee un conto en voz alta e os demáis escoitan ou
recitar unha poesía, ou cantar unha canción ou dicir unha receita
de cociña ou contar un chiste ou empezar alguen leendo o
principio dun libro e que continúe leendo o seguinte e o seguinte ou inventar unha historia...a idea é disfrutar todos xuntos coas palabras. Tedeen conta que hai libros sobre moitísimos temas: de chistes,de cociña, de aventuras, de carpintería, de cancións...
así que a forma de facelo é moi ampla.
. Ides leer cal é o motivo da celebración do Dia do Libro, e
incluídes no voso libro-dossier eses datos pero coas vosas
palabras, non fai falla poñer todo o que eu vos escribo senón
que gostaríame que puxérades o que vos entendistes do escrito
¿ Por qué celébrase o Dia Internacional do Libro?
¿ Por qué escolléuse como data o 23 de abril?
Ler é moi bo, aporta múltiples cousas, axúdanos a ampliar o noso vocabulario e a nosa linguaxe coñecendo palabras novas, estimula a nosa imaxinación vivindo as aventuras das personaxes, permítenos pasar un bo rato, é divertido, entretido... acordouse celebrar un día concreto para fomentar a lectura, para que xente lea moito máis, que lles guste ler; un día coma homenaxe mundial
aos libros e aos seua autores e autoras.
En 1995, a UNESCO ( siglas de Organización de la Naciones
Unidas para la Educación. la Ciencia y la Cultura) aprobou a
proposta da Unión Internacional de Editores de celebrar un
Dia Internacional do libro; escolleuse unha data concreta o
23 de abril, que considerouse unha data importante na historia da
literatura, nesa data morreron escritores moi importantes e
coñecidos Miguel Cervantes que foi o que escribiu Don Quijote
de la Mancha ou William Shakespeare que o millor sóaos porque
foi quen escribiu entre outras obras unha que se titula Romeo y
Julieta.
. Ides engadir ademais no voso libro- dossier como sería o título
e a portada se vos fósedes escritores/as do voso libro
. E xa por último no libro- dossier ides engadir coma un pequeno
diario contando como celebrastes o Día do Libro ( qué
preparastes anteriormente para ese día, se vos disfrazastes,
se o libro que escollíchedes para leer en alto gustou, se foi un
día distinto...contade ea cousas que se vos ocurran)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario