martes, 21 de abril de 2020
lingua 2º
Xa vimos o que eran os determinantes, imos ver agora o que son
as contracións do artigo
1. Leemos atentamente a páxina 120 e despois copiamos o recadro
azul desa páxina onde fala de qué son as contracións e cales
son
.Qué é unha contración? se vos fixastes no que dí o neno do
exercicio 1, as veces cando nunha frase diante dun atigo
van as palabras : a, de, con, en ou por; en lugar de dicir por
ex. Eu fago zume con a laranxa podo xuntar ese con + a e
escribir unha soa palabra (coa) e así quedaría Eu fago zume
coa laranxa. Iso é o que se chama contración ( contraer algo
é xuntar varias cousas para facelo máis pequeno, neste caso,
en lugar de poñer 2 palabras= con e a as xunto en soio
unha=coa
.Se vos fixastes no recadro azul, xúntanse as que están en
vertical ( o, a, os, as ) coas que están en horizontal ( a, de,
con, en, por); é dicir, por exemplo: de + o = do, en +o= no, etc
2. Relaciona
. de + a . coas
. con + as . da
. por + o . na
. en + a . polo
. a + os . do
. de + o . aos
3. Escolle dúas das contracións do exercicio anterior e fai unha
frase primeiro sen contraer e despois coa contración
Exemplo: Eu corro por o campo // Eu corrro polo campo
4. Facemos o exercicio 2 da páxina 120
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario