lunes, 27 de abril de 2020
lingua 3º
1. Se vos fixastes na táboa de exercicios ximnásticos da páxina
84, a orde na que estarían os debuxos sería 3, 2, 1. Imos
completar esta actividade convertindo as accións en ordes;
por exemplo: Tocar coas mans as puntas dos pés ( que sería unha acción) para convertila en orde, poñeríase Toca coas
mans as puntas dos pés. Se vos fixastes para facelo,
cambiamos o verbo, neste caso tocar, que está en infinitivo
por toca que sería forma verbal de 2º persoa de singular, é
dicir, toca ( tí) pero suxeito ( neste caso, tí, xa non se pon).
Pódense cambiar instruccións xerais e ordes máis concretas
cambiando os verbos, que sempre aparecen en infinitivo, ao
mesmo verbo pero conxugándolo na 2ª persoa do singular ou
plural ( ordes que se darían a tí ou vos, dependendo que sexa
singular ou plural)
Exemplo: Accións → Orde
. Bater os ovos → Bate os ovos (tí )
. Recoller os xoguetes → Recollede os xoguetes(vos)
. Cambia as seguintes instruccións a ordes coma no exemplo
Accións Orde
-Botar sal as patacas ............
-Erguer unha perna ..............
-Relaxar o corpo..................
-Flexionar as pernas............
-Elevar os brazos.................
2. Páxina 85, exercicio1
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario