jueves, 4 de junio de 2020

para 2º y 3º


O dia 5 de junio, é o Dia mundial del Medio Ambiente.
Foi establecido pola ONU ( Organización de las Naciones Unidas)
e celébrase dende 1974

Sabedes que hai moitas formas de protexer o medio ambiente: 
aforrando auga e enerxía, facendo un consumo responsable,
axudando na repoboación dun bosque coa plantación dunha
árbore, reciclando e axudando a manter limpa a natureza....

Imos facer diferentes actividades relacionadas con este tema;
propostas que estarán tanto neste blog como no blog de ciencias
naturais
 . Nun folio ( en vertical) poñedes como título en letras
   grandes: COIDO O PLANETA TERRA.
   Escribides de que maneira protexedes vos o medio ambiente;
   contades a vosa propia experiencia. Por exemplo imaxinade se      cando ides de paseo polos bosques, camiños, etc lebades con
   vos unha bolsa e se vedes que hai basura, papeis tirados...
   os recolledes para botalos despois nun contenedor, ou por
   exemplo se acostumades a reciclar sempre, ou se sodes dos
   que aforrades auga e pechades as villas cando non precisades
   máis auga ou apagades as luces se non ides estar nese sitio para
   aforrrar enerxía ou se nalgún momento participastes na 
   plantación dunha árbore, algunha semente,etc.
. Facedes un cartel publicitario no que aparezan consellos, 
  slogans, normas...sobre o coidado de medio ambiente; por 
  exemplo:   Se a luz non vas a utilizar
                   non te esquezas de apagar
                     AFORRA ENERXIA


                   Practica a reciclaxe
                   e mantén limpa a paisaxe
 . 2º a maiores ides facer na libreta de lingua ( do libro pax.154,
   ex.1,2 e 3); da pax.155 ex 4 e 5; da pax 156 lemos Por un
   bosque limpo), todos eles relacionados con este tema
 .3º a maiores ides facer na libreta de lingua ( do libro pax 124, 
   vos fixades na imaxe de Repoboamos o bosque e facedes os
    4 puntos que aparecen nesa páxina; da páx 125 lemos o
    folleto do ex 1 e facemos as actividades; da pax 131 lemos 
    Amar a natureza)
.Todas estas actividades propostas as ides facendo e 
  posteriormente as xuntaremos para facer un video con elas

No hay comentarios:

Publicar un comentario