Propóñovos copiar nun folio este esquema resumo de todos os conceptos de gramática que vos será moi útil; engádovos a páx onde se traballan e o cuaderno que lle corresponde
ORACIONS ( pax 40, 1º): son mensaxes que expresan as nosas
ideas e sentimentos por medio da linguaxe e están
formadas por palabras colocadas nunha orde
determinada. Teñen suxeito e predicado
SILABAS ( pax 66,1º): as palabras están formadas por sílabas
( grupo de sons que se pronuncian xuntos nun
mesmo golpe de voz)
- Según o número de sílabas poden ser:
monosílabas (1), bisílabas(2),trisilabas(3),
polisílabas ( mais de 3)
- Ditongo: unión de 2 vogais nunha mesma sílaba
Ex. boina, auga....
- Clases ( pax 78,2º):
.- Sílaba Tónica= é a que se pronuncia con
máis intensidade dentro dunha palabra
Ex. caracol
Algunhas levan acento gráfico ( tilde)
sobre a vogal da sílaba tónica
Ex. cámara
.- Sílaba Átona= o resto das sílabas que non
son a tónica
SUBSTANTIVOS (pax 92,2º): palabras que se utilizan para
nomera as persoas, animais ou cousas
.- Tipos:---- Comúns: ex, casa, mesa, elefante.....
---- Propios: sempre se escriben con maiúscula
ex. Xoan, Roma, Miño...
.- Xénero---- Masculinos: poden levar diante o ou un
--- Femininos---poden levar diante a ou unha
---fórmase engadindo -a ou
cambiando-o ou -ou por -a
ex. pintor→pintora
.- Número--- Singular: nomean un so obxecto
--- Plural: nomean varios seres ou obxectos
( algúns substantivos teñen a mesma forma para o
singular e o plural. Ex. martes)
ARTIGOS (pax 130, 2º): palabras que van diante dos substantivos
.- Tipos: ---Determinados: o, a, os, as
---Indeterminados: un. uns, unha, unhas
DEMOSTRATIVOS ( pax 156, 3º): palabras que indican a
distancia que hai entre a persoa que fala e os seres
ou obxectos a que se refire
Ex. Aquel neno xoga á pelota (van no mesmo xénero
e número co substantivo)
.- Formas:
- Proximidade= este/ esta/ estes/ estas
- Distancia media= ese/ esa/eses/esas
- Afastamento= aquel/aquela/aqueles/aquelas
POSESIVOS ( pax 144,3º): palabras que indican a que persoa ou
persoas pertence un ser ou un obxecto
Ex. Os teus libros están sobre a mesa ( van no mesmo
xénero e número ca o substantivo e levan artigo
diante)
.- Formas--meu/ teu/ seu/ noso/ voso/ seu
--miña/ tua/sua/nosa/vosa/sua
--meus/teus/seus/nosos/vosos/seus
--miñas/tuas/suas/nosas/vosas/suas
ADXECTIVOS( pax 170,3º): palabras que nos din como son ou
como están as persoas, animais opu cousas
Ex, Eu teño unha mochila grande
PRONOMES PERSOAIS (pax 182,3º). palabras que se empregan
para referirse ás persoas sen dicir o seu nome
Ex. Lola e Óscar virán ao circ → Eles virán ao circo
.-Formas: eu / ti / el / nós / vós/ eles / elas
VERBOS (pax 196, 3º): palabras que indican o que se fai ( as
accións) ; para recoñecelo preguntámoslle ao
suxeito ( qué fai?)
Ex. Pepe come patacas → ( que fai Pepe?)= come
.- Cada verbo ten distintas formas ( ex. comer, comerá,
comía..) o conxunto das formas dun verbo chámase
Conxugación
.- O Infinitivo é a forma que se utiliza para nomear a un
verbo
No hay comentarios:
Publicar un comentario