miércoles, 13 de mayo de 2020
para 2º y 3º
Continuamos facendo o noso pequeno libro sobre o
Dia das Letras Galegas
- Dicíavos que cada ano a Real Academia Galega dedicaba o
día a unha personalidade diferente, este ano correspondeulle
a Ricardo Carbalho Calero
- Por detrás do 2º folio no que xa escribíchedes, imos facer
unha pequena liña cronolóxica na que poñeremos algúns anos
e a quen foi dedicado ese ano o día 17 de maio, non imos poñer
todos, todos os anos, pensade que o primeiro foi o 1963 e
que ata o ano actual 2020 serían moitos por poñer, así imos
escribir soio algúns
- Poñemos enriba do folio, con letras grandes
CRONOLOXIA DAS LETRAS GALEGAS
A continuación, debuxamos unha liña horizontal, que
dividiremos en puntos, neses puntos poñeremos anos e a persoa
correspondente, todos eles e elas, escritores ou escritoras que
escribiron en lingua galega
( poño os puntos en columna, vos os ides poñendo
horizontalmente, un ao lado doutros)
. 1963: ROSALIA DE CASTRO
. 1964: CASTELAO
. 1965: EDUARDO PONDAL
. 1966: FRANCISCO AÑON
. 1967: CURROS ENRIQUEZ
. 1968: LOPEZ CUEVILLAS
. ETC
. 2016: MANUEL MARIA
. 2017: CARLOS CASARES
. 2018: Mª VICTORIA MORENO
. 2019: ANTÓN FRAGUAS
. 2020: RICARDO CARBALHO CALERO
- Ides poñer cada ano e cada nome dunha cor diferente e,
ademais metedes nun recadro 1963: ROSALIA DE CASTRO
que foi con quen se iniciou a celebración deste día
e 2020: RICARDO CARBALHO CALERO que é este ano
e a quen se lle dedica
- Falaremos e faremos actividades sobre este escritor pero a maiores podedes tamén ver uns videos sobre él
que están postos na páxinado cole
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario