Posiblemente xa nalgunha ocasión oistes ou cantáchedes o Himno Galego; vou propoñervos tocalo a frauta e imos aprendelo por fragmentos ou pequenos trozos.
Lembro como estaban situadas as notas musicais na frauta:
. Lembrade que a man esquerda vai arriba e a man dereita abaixo
. Para poñer a nota Do, é preciso tapar todos os buratos, é dicir,
a man esquerda tapa co pulgar o burato da parte de atrás da
frauta, e por diente dela tapamos os 3 primeiros, sendo o
meñique desa man o único que non se emprega; e a man dereita
tapa os 4 buratos que quedan sendo o pulgar desa man o único
que non tapa burato algún senón que utilízase para apoiar a
frauta.
. Para o Re, coa mesma posición de Do, levantamos o meñique
e deixamos ese burato sen tapar
. Para o Mi, destapamos 2 buratos, de tal forma que coa man
dereita soio quedarían tapando 2 dedos
. Para o Fa, destapamos 3 buratos, de tal forma que coa man
dereita soio quedaría tapando o dedo índice
. Para o Sol, destapamos todos os buratos da man dereita, o soio
utilizaríamos o pulgar desa man
. Seguimos a destapar buratos, e para o La, sacamos o primeiro
dedo da man esquerda empezando dende abaixo
. Para o Si, sacamos o seguinte dedo, de tal maneira que
a frauta quedarían collida soio polo índice e o pulgar da man
esquerda e apoiada no pulgar da man dereita.
Antes de empezar a tocar a canción, probade a tocar cada unha
das notas, lembrade que hai que tocar suave, como si estivésedes
a soprar unha vela.
Notas do himno galego:
MiFa Sol Sol Sol |Sol SolLa SolFa Mi | SolMi Do ReMi Fa|
♫ ♩ ♩
Mi Faa Re| MiFa Sol Sol Sol | Sol SolLa SolFa Mi|
♩
Do La La SolFa | MiRe Doo Shhh |
Intentade tocar este trocito, propóñovos que primeiro escoitedes
a canción antes de probala na frauta, que intentedes cantala pero
en lugar de dicir a letra que a cantedes dicindo as notas que
vos poño aquí.
Fixádevos que hai notas que son corcheas, e outras negras, etc
(os debuxos de vos poño debaixo, ♩ ♫)
No hay comentarios:
Publicar un comentario