O próximo 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, durante a semana imos facer un pequeno traballo cunha serie de actividades para celebrar ese día.
- Imos facer un pequeno libro, como fixemos para o día do libro,
pero imos facelo sen dobrar o folio, e dicir, empregamos o folio
enteiro que imos poñer en horizontal, e iremos engadindo mási
foilios despois coas distintas actividades que vaiamos facendo
- Empezamos cunha portada( lembrade, folio en horizontal) na
que poñemos con letras grandes e de cores
DIA DAS LETRAS GALEGAS
17 DE MAIO
- Collemos un 2º folio e poñemos:
O 17 de Maio, Dia das Letras Galegas( todo iso suliñado), celébrase dende 1963( suliñamos esta data) pola
Real Academia Galega ( suliñado) como homenaxe á
creación literaria en galego e pola defensa da lingua galega
( suliñamos toda a frase dende homenaxe ata lingua galega)
Explico todo isto que acabades de escribir( isto que vos explico a continuación non tedes que copialo e soio para que entendades o que estades a copiar e porque se celebra este
día) quere dicir que estedía dedícase a aqueles escritores e escritoras que escriben principalmente en galego; é un homenaxe para que a lingua
galega tamén sexa importante, recoñecemento á cultura
galega
-Seguimos copiando a continuación do que escribíchedes
o seguinte: Celébrase este día, grazas a que en 1863
( suliñamos esta data), Rosalía de Castro ( suliñamos )
publicou Cantares Gallegos ( suliñamos o nome deste libro)
que marcou o inicio do rexurdimento da cultura galega
( suliñamos toda esta última frase dende marcou o inicio ata
cultura galega)
Explico isto para que o entendamos pero isto que poño
a continuación non fai falla que o copiedes; antes
desa data, 1863, non se escribía nin publicaban libros
en lingua galega; foi Rosalía de Castro ( unha escritora ) a
primeira que o fixo por iso é importante recoñecer esa data
xa que a partir dela, moita máis xente empezou a escribir e
publicar en lingua galega.
- Seguimos copiando a continuación do último que copiastes.
Dende 1963, cada 17 de Maio, a Real Academia Galega
dedica esta celebración a unha persoa diferente; a escritores
e escritoras que escriben e defenden a lingua galega
Todo isto que tedes que escribir, non é para facer todo hoxe, imos facer este libro do Dia das Letrasb Galegas a pouquiños durante
toda a semana. Hoxe por exemplo podedes empezar coa portada
e empezar a copiar algo do que imos poñer no 2º folio
No hay comentarios:
Publicar un comentario