martes, 24 de marzo de 2020
música para 1º ,2º, 3º, 4º, 5º,6º
Bo dia! neste apartado de música vouvos ir poñendo distintas propostas relacionadas coa música: actividades, pasatempos, retos, xogos, ritmogramas, musicogramas...
As distintas propostas estarán etiquetadas por cursos, isto é,
música 1º, música 4º etc sen embargo propóñovos unha idea: que todos intentedes facer as cousas non so do voso curso senon dos demais curso tamén ( así aos cursos superiores o dos outros cursos síveoos de repaso e aos cursos de 1º, 2º 3º o de 4º, 5º e 6º é un reto para intentar facer coma os maiores) creo que é unha boa idea e unha forma de disfrutar coa música.
A primeira actividade ides facela todos os cursos,
chámase: SOMOS LUTHIERS
Nela imos convertirnos por un tempo en luthiers ( un luthier é unha persoa que se dedica a construir e reparar instrumentos). Nós imos empezar construindo instrumentos( de vento, de percusión e de corda) e para iso intentade buscar por casa a ver se tedes os seguintes materiais ou algo similar:
.- Lápices de cores ou pinturas para decorar ( ainda que tamén
valerían papeis de cores para pegar, purpurinas, rotuladres etc)
seguro que se vos ocurran moitas cousas para facelo
.- Gomas elásticas ou gomas do pelo ou trozos de corda para o
instrumento de corda
.- Pequenos trozos de paos, cullers pequenas, lápices, etc ( algún
elemento que poidades empregar como baqueta. Lembrade: as
baquetas son o que empregamos para golpear os instrumentos de
percusión
.- Pegamento e tesouras
.-Tubos de cartón ( poderíades utilizar o que queda no rollo de
hixiénico, ou o do albal ), incluso poderíades coller si tivésedes
paxitas de beber ou incluso enrolar unha cartulina ou un cartón
ou unha folla de papel para darlle forma de tubo
.- Pedras pequenas ou fabas ou lentellas ou garabanzos ou
outra cousa pequena que serva para golpear cando fagamos
un pao de choiva ou unha maraca
.- Botellas de distintos tamaños
.- Vasos de cristal
Todos estes materiais non son para ter rodos xuntos senon que os iremos empregando dependendo do que imos construir.
Imos empezar por algo sinxelo : Experimento Musical
Precisades vasos ( serí bo que fosen vasos de cristal pero sede
cuidadosos e que non vos rompan)
Tedes que ir enchendo os vasos con distintas cantidades de auga, en un moi pouquiña, en outro un poco máis, en outro algo máis ca no anterior, etc.
É máis sinxelo se os poñedes nunha fila e ides comparando uns cos outros
Cando xa teñades a fila de vasos cheos con distintas cantidades de auga, imos crear sons agudos e graves. Para iso imos facelo de dúas formas distintas, a primeira consistiría en mollar un dedo con un pouco de auga e moverlo polo borde do vaso facendo un círculo deberíase de producir un son, dependendo da cantidade de auga que teña o vaso, os sons que se producen ven ser diferentes. A segunda consistiría en probar igualmente se conseguimos sons diferentes pero golpeando o vaso con moito cuidado cunha culler ou un lápiz por exemplo.
Xa como algo máis complexo e que vos propoño e poñer 7 vasos e conseguir obter as 7 notas musicais ben diferenciadas ( do, re, mi, fa, sol, la, si) pensade que terían que ir dende a máis grave que sería o do ata a máis aguda que sería o si.
¿ Cömo consigo un sonido máis grave, tendo o vaso con moita cantidade de auga o con pouquilla? ( probadee a ver cal sería a resposta)
E agora a producir sons,veña ADIANTE!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario