lunes, 23 de marzo de 2020
lingua,3º
1. Escribe o artigo determinado ( o,a, os, as) que corresponda
...... camiño ..... traballos ..... pratos ..... neve
...... amigos ..... nenas ..... mazá ..... paraugas
2. Completa as oracións con formas de artigo determinado ( o,a, os, as) ou artigo indeterminado ( un, unha, uns, unhas)
Ao producirse aquel suceso, ........ xornalistas chegaron ao
lugar. Paco, ...... reporteiro, entrevistou algunhas persoas
mentres ..... fotógrafo facíalles ..... fotos.
Se cadra, ..... reportaxe foi fantástica e ..... a nova saiu na
televisión e nos xornais durante ....... días.
3. Clasifica as seguintes palabras onde corresponda:
primeira / o / este / aquelas / miña / teu / esa
uns / túas / algunhas / as / terceira / vinte / unhas / os
Artigos_____ determinantes:
_____ indeterminantes:
Demostrativos:
Posesivos:
Numerais:
Indefinidos:
4. Escribe os signos de puntuación que faltan nestas frases e
despois clasifícaas
. Que calor fai hoxe _____
. Marta ten unha letra moi bonita _____
. Quen che deu este papel _____
. A cova é moi escura. Que medo da ____
Lembra: Poden ser exclamativas, interrogativas, enunciativas
5. Le o seguinte texto e despois fai as actividades
A comunicación dos animais
A comunicación verbal é unha forma de transmitir información
exclusiva dos humanos. Os animais tamén transfiren información
pero non usan a comunicación verbal. Daquela, cómo fan?
Pois, fundamentalmente, empregan sinais visuais e acústicas.
As abellas, por exemplo, indícanlles ás compañeiras a
localización dunha flor mediante unha danza. O tipo de
movementos e a súa duración informan da proximidade ou
afastamento da flor e da súa situación respecto ao sol.
Os golfiños, pola súa parte, combinan sinais visuais ( saltos de
diferente tipos) e acústicos ( emiten unha grande variade de
sons, como chíos, ronquidos...)
Responde:
.- Que tipos de sinais empregan as abellas para comunicarse?
.- Que tipo de sinais utilizan os golfiños?
.- Que diferenza hai entre o xeito de transmitir información dos
humanos e dos animais?
Reto:
Imaxina que ti és unha abella, inventa unha danza para
comunicarlle as túas compañeiras onde se atopa a flor ( podes
facelo mediante un debuxo onde aparezan os elementos: ti como
abella, a flor a unha distancia concreta, as outras abellas...podes
indicar os movementos mediante frechas rectas, con curva,
xiros...)
Agora imaxina que tí és un golfiño, inventa sons para comunicarte
cos otros golfiños ( podes facelo mediante un debuxo e indicar os
distintos sons con onomatopeias e incluso deixar escrito as claves
para poder descifrar o que falan os golfiños. Ex. iiiiihh = adeus )
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario